Antoni Duran i Lleida visita Cobideza

O presidente da Asociación Española de Distribuidores, Autoservicios y Supermercados (Asedas), Josep Antoni Duran i Lleida, desplazouse onte a terras dezanas para coñecer as instalacións da cooperativa Cobideza. O expolítico e empresario estivo acompañado polo equipo de dirección de esta entidade. Desde a cooperativa que preside Román Santalla indícase que foi “unha grata visita que sirve para reforzar o papel indispensable das explotacións agrarias e gandeiras familiares. Cobideza nos últimos anos diversificou os seus servizos e actividades, xa que dispón de gasolineiras así como dunha queixería.

Compartir

Ver máis entradas