A finais do 2015, coincidindo co final da cota láctea, co aumento da producción e dado a crise que estaba a atravesar o sector lácteo, a sociedade cooperativa COBIDEZA puxo en marcha a queixería Dona Cobiña no concello de Agolada. Socios e directores emprenderon este proxecto coa ilusión de poñer no mercado un produto directamente desde o fabricante, diferenciado pola súa calidade e que implicara á súa vez ós socios na transformación do leite.
Actualmente a cooperativa conta con máis de 300 socios que comercializan o leite co fin de conseguir as mellores condicións para eles e para a cooperativa. Tamén ten firmado un acordo coa multinacional ILAS (Reny Picot) e participa xunto coas principales cooperativas lácteas galegas en ACOLAT (Clesa).
Mantente informado das últimas noticias relacionadas coa queixería Dona Cobiña
"Exquisito queixo coa acidez xusta que me gusta deste tipo de queixo. Tiven un problema cun queixo e a marca solucionoumo rapidamente. Encantoume."
Marina González
"Probei fai uns días este queixo de tetilla e a cata foi de 10. É un queixo que non o probara nin coñecía a marca e sorprendeume moi gratamente."
Arturo Rodríguez
"Non estiven no lugar pero acabo de probar un queixo e pareceume espectacular. Un saludo."
Mercu
Pol. Ind. Agolada, Parc. 6 - 36520 Agolada (Pontevedra)
986 580 473
queixeria@cobideza.es
Luns a venres: 9:30 - 15:30

