Redacción/Lalín | El Faro de Vigo |19.07.2014 13:49
A Interprofesional Láctea ( Inlac) acaba de celebrar unha asemblea para renovar a súa xunta directiva.
Ramón Artime, de Asaja, pasa a suplir na presidencia durante os dous próximos anos a José Luis Antuña, de CAE, que pasa a ser secretario.
Completan a directiva Luís Calabozo (de Fenil) como vicepresidente e o lalinense Román Santalla (de UPA) como tesoureiro. Rosario Arredondo (de COAG) será vocal e Águeda García- Agulló ocupará o cargo de directora xerente.