Queixo elaborado con leite de vaca de
explotacións de pastoreo das comarcas
Ulloa – Deza – Tabeirós – Terra de Montes

DO CAMPO Á TÚA MESA

Os nosos queixos están elaborados co mellor leite procedente de explotacións sustentables de pastoreo, onde os animais pastan en liberdade nos terreos galegos de Deza, Tabeirós, Terras de Montes e Ulloa. Este leite selecciónase coidadosamente de entre todas as explotacións polas técnicas do Servizo de Calidade do Leite da Cooperativa Cobideza. O proceso artesanal co que se elaboran os queixos e a gran calidade do leite ofrécenche unha experiencia de sabores 100% galegos, onde realmente sentirás o campo na túa mesa.

PROCESO ARTESANAL

Os nosos queixos elabóranse de forma tradicional e artesanal nunha pequena queixería, cun especial coidado inherente á nosa filosofía de ofrecer un sabor inigualable e 100% galego en todas as nosas variedades. É por isto que os nosos queixos “saben que namoran”

PRODUTOS QUE NAMORAN