El Faro de Vigo |18.07.2014 01:45

Cercio, Román Santalla, así como a director da área de Negocio de CaixaBank, Antonio Lema, encargáronse de rubricar o convenio. Lema sinalou que a intención do seu banco é “traballar xunto aos agricultores e os gandeiros da comunidade para contribuír ao crecemento dun sector vital para a economía galega”. Este banco ten xa unha experiencia dilatada en canto ao traballo con empresas e autónomos do ámbito agrario.
Oficina en Silleda
Este convenio é un paso máis na liña que segue Cobideza en canto a posicionarse como cooperativa punteira na comarca @dezano. Os seus 200 membros acaban de apoiar a renovación do contrato leiteiro con Reny Picot, que volverá ser dun ano de duración e que ademais lle permitirá incrementar nun 10% os seus 26 millóns de litros de leite anuais ou, o que é o mesmo, un volume de negocio de 12 millóns de euros. Aínda que boa parte dos seus socios pertencen a Lalín, conta cunha masa social importante en Silleda e en Forcarei, por iso é polo que nos últimos meses Cobideza traballe ás alancadas para abrir canto antes a súa nova oficina en Trasdeza, precisamente na estrada que conduce a Forcarei. Na mesma prestará servizos de asesoramento aos seus membros desta zona da comarca, ao mesmo tempo que pretende contrarrestar o desembarco de ICOS, a chantadina que absorbeu a Indega, a Val do Candán e a Cooperativa do Campo.