A QUEIXERÍA

A  finais do 2015, coincidindo co final da cota láctea, co aumento da producción e dado a crise que estaba a atravesar o sector lácteo, a sociedade cooperativa COBIDEZA puxo en marcha a queixería Dona Cobiña no concello de Agolada. Socios e directores emprenderon este proxecto coa ilusión de poñer no mercado un produto directamente desde o fabricante, diferenciado pola súa calidade e que implicara á súa vez ós socios na transformación do leite.

Actualmente a cooperativa conta con máis de 300 socios que comercializan o leite co fin de conseguir as mellores condicións para eles e para a cooperativa. Tamén ten firmado un acordo coa multinacional ILAS (Reny Picot) e participa xunto coas principales cooperativas lácteas galegas en ACOLAT (Clesa). 

Do campo á túa mesa

Os nosos queixos están elaborados co mellor leite procedente de explotacións sostibles de pastoreo, donde os animais pastan el liberdade nos terreos galegos do Deza, Tabeirós, Terras de Montes e Ulloa. Este leite selecciónase coidadosamente entre todas as explotacións polas técnicas do Servicio de Calidade do Leite da Cooperativa Cobideza.

Proceso artesanal

Os queixos de Dona Cobiña elaboranse de forma tradicional e artesanal nunha pequena queixería, cun especial coidado inherente á nosa filosofía de ofrecer un sabor inigualable e 100% galego de todas as nosas variedades. Este proceso artesanal e a gran calidade do leite ofrecen unha experencia de sabores plenamente galegos.

Sabe que namora

A producción da queixería enfocouse inicialmente nos mercados de cercanías, principalmente en Galicia, pero dado ó éxito dos produtos, xa están sendo comercialializados en grandes superficies, de forma online e no exterior.

PRODUTOS

Todos os nosos produtos están elaborados con leite pasteurizado de vaca procedente de explotacións gandeiras sostibles de pastoreo

NOTICIAS

Mantente informado das últimas noticias relacionadas coa queixería Dona Cobiña

Opinións dos nosos clientes

5/5

"Exquisito queixo coa acidez xusta que me gusta deste tipo de queixo. Tiven un problema cun queixo e a marca solucionoumo rapidamente. Encantoume."

5/5

"Probei fai uns días este queixo de tetilla e a cata foi de 10. É un queixo que non o probara nin coñecía a marca e sorprendeume moi gratamente."

5/5

"Non estiven no lugar pero acabo de probar un queixo e pareceume espectacular. Un saludo."

Suscríbete á nosa newsletter

Recibe as últimas novidades de produtos da nosa tenda