HISTORIA

HISTORIA

Cobideza Sociedade Cooperativa, constitúese como tal no ano 1994, aínda que leva funcionando como Asociación de Gandeiros desde finais dos anos 80. No ano 1999 funda, xunto con outras cooperativas da comarca, Xuncoga S.C.G., cooperativa de segundo grao destinada á fabricación e comercialización de pensos.

Na actualidade, Cobideza S.C. está formada por máis de 300 socios e conta con 230 ganderías de leite de 300 totais.

O ámbito de actuación da cooperativa abarca a maioría dos concellos das comarcas de Ulloa, Deza, Tabeirós e Terras de Montes.

Desde Cobideza S.C.G. tentamos aproveitar todo o potencial dos nosos socios, informándoos e formándoos para mellorar a súa profesionalidade e competitividade como produtores de leite, apoiándoos cunha gama de programas e servizos que teñen como obxectivo lograr incrementar o seu nivel e calidade de vida. Estes servizos son:

· Tendas agrogandeiras.
· Unidades de subministración de combustible.
· Servizos de maquinaria.
· Servizos veterinarios.
· Servizo farmacéutico.
· Servizo de asesoramento agronómico.
· Servizo de alimentación.
· Servizo de substitución.
· Programas de formación.
· Servizo de tramitación de seguros agrogandeiros.

Cobideza S.C., como o primeiro comprador autorizado, comercializa o leite de todos os membros da cooperativa en conxunto co fin de obter as mellores condicións, tanto para o seu gandeiros como para a cooperativa.

Actualmente a cooperativa asinou un contrato anual coa multinacional asturiana ILAS, coñecida comercialmente como Reny Picot, para a comercialización de 35 millóns de litros. Ademais, Cobideza S.C. participa, xunto coas principais cooperativas lácteas galegas, en Acolat (Clesa)

En abril de 2015, coincidindo co final da cota láctea, cun aumento da produción e coa grave crise que está a atravesar o sector lácteo, Cobideza S.C. pon en marcha unha pequena queixería.

Este proxecto é unha vella ilusión dos directores e socios da cooperativa, que comeza cos obxectivos de poñer no mercado un produto directamente do fabricante, diferenciado pola súa calidade, e implicar aos socios de Cobideza na transformación industrial do seu propio leite.

Este leite selecciónase coidadosamente polas técnicas do Servizo de Calidade do Leite da cooperativa de entre todas as explotacións co sistema de pastoreo existente en Cobideza S.C.

A produción da queixería, na que traballan catro persoas enfócase fundamentalmente aos mercados de proximidade, principalmente en Galicia, aínda que xa está a ser comercializado no exterior.

A QUEIXERÍA